Final de la campaña

Todo lo bueno se acaba y esta campaña llega a su fin. Los últimos días hemos estado ocupados descubriendo las últimas piezas de la excavación e interpretando la problemática del yacimiento a través de sus múltiples estratos.

 

 

La interpretación de los estratos es muy importante para nuestro trabajo, ya que los procesos sedimentarios que ocurren en una cueva tienden a ser complejos. Los diferentes estratos de tierra tienen características propias que nos marcan los cambios producidos en unos y otros y nos permite distinguirlos. El color y el tipo de elementos geológicos que conforman cada capa nos permiten conocer los procesos postdeposicionales que tuvieron lugar en ese período concreto en el que se formó el estrato y diferenciarlos en el tiempo.

Leer más 0 comentarios

Charlas divulgativas sobre Cova Eirós

Ayer comenzaron las charlas sobre el yacimiento de Cova Eirós, en Triacastela. Siguiendo la dinámica comenzada el año pasado con las actividades de arqueología experimental organizadas en Triacastela, este año se organiza un ciclo de charlas divulgativas sobre diversos aspectos del yacimiento de Cova Eirós. El objetivo es divulgar y dar a conocer entre los vecinos de la zona los principales resultados de las investigaciones que se están llevando a cabo. 


La primera conferencia tuvo lugar el día 16 de agosto y corrió a cargo de uno de los codirectores de la excavación, Arturo de Lombera. Versó sobre el arte rupestre del interior de la cueva, dando a conocer las últimas novedades de las investigaciones acerca de las manifestaciones artísticas de Cova Eirós. Los principales motivos pintados y grabados en la cavidad, se adscriben estilísticamente a los momentos finales del Paleolítico Superior, corroborado por las últimas dataciones absolutas.

Leer más 0 comentarios

Trabajo de laboratorio y más visitas

Siglado de algunas piezas arqueológicas.
Siglado de algunas piezas arqueológicas.

La campaña de excavación sigue su curso. Después de diez días de trabajo, los materiales arqueológicos continúan aflorando sin descanso y a estas alturas ya contamos con más registros que en toda la campaña anterior. Pero para poder registrar estos materiales es necesario que pasen por una serie de fases de trabajo de laboratorio. Primero se revisa que los datos tomados en campo (material y medidas) son correctos, posteriormente se lavan y se extienden en mesas para que sequen.

 

Leer más 0 comentarios

Cogiendo ritmo

                                                                     "Tommy", nuestro generador.
"Tommy", nuestro generador.

 

En estos cuatro días de excavación, hemos comenzado a extraer los primeros vestigios arqueológicos de la campaña que llevaban milenios enterrados. Pero gran parte de que esto sea posible no es gracias a los excavadores, sino a la inestimable ayuda de “Tommy”, alias El Señor de la Luz. Aunque la excavación se realiza en la entrada de la cueva, descartando aquellos cuadros que reciben luz natural, el resto necesita un aporte lumínico extra para realizar su labor.

 

En una de las jornadas de trabajo, nos visitó la Televisión de Galicia. Uno de nuestros codirectores, Arturo de Lombera, respondió a las intensas preguntas formuladas por los periodistas. Podéis ver dicho reportaje en el siguiente enlace: http://www.crtvg.es/informativos/nova-campana-de-escavacions-arqueoloxicas-na-cova-eiros-en-triacastela-1357669.

 

Además de los medios de comunicación, asistieron al yacimiento de manera esporádica vecinos del pueblo de Cancelo que se interesan por la actividad que se está desarrollando.


A continuación podéis ver una muestra de los objetos arqueológicos que hemos localizado en los últimos días. Destaca la aparición de material lítico tallado en cuarcita y cuarzo. También aparecen restos faunísticos que se conservan gracias a la naturaleza caliza de la cueva.

 

Leer más 0 comentarios

Comienza una nueva campaña de excavación

 

 

Con ánimos renovados y después de un año de trabajo en gabinete para procesar toda la información de la pasada campaña, nos encontramos de nuevo en Cancelo, un año más, para comenzar los trabajos arqueológicos en el yacimiento de Cova Eirós.

 

Lo cierto es que el "mono de excavar" ya llamaba a nuestra puerta y se nos hacía tarde el momento de coger de nuevo el cuchillo y el pincel. Sobre todo bajo un paisaje tan idílico como el que nos ofrecen las tierras lucenses. Buena comida, tranquilidad, grata compañía y restos arqueológicos ¿Qué más se puede pedir? 

 

Hoy comenzaremos los trabajos e iremos narrando los avances que tengan lugar en el tiempo que dure nuestra estancia. Lo primero que hemos hecho ha sido evaluar el estado en el que se encuentra la cueva tras el paso del frío invierno y observar si las pinturas han sufrido más de lo normal con la humedad. 

Leer más 0 comentarios

As redes sociais e a percepción da Arqueoloxía

As redes sociais están a transformar a comunicación e difusión da información na actualidade. En certo modo xestionan parte da expresión colectiva dunha época onde a sociedade reclama participar na opinión e decisión do seu presente e futuro. 

Os cambios non son alleos á arqueoloxía. Moitas iniciativas pasan a miúdo por achegarse ao público botando man da divulgación virtual ou de actividades de proximidade coas comunidades. Pero o uso que se fai das redes sociais pode condicionar o diálogo que establece cara fóra. Sen esquecernos do discurso propio, parte destas eivas proveñen do deseño das plataformas existentes, orientadas en transferir información en tempo real, pero que descoidan aspectos como a elaboración de contidos, algo fundamental se cómpre transmitir coñecemento científico. 

Esta enquisa (PREMER AQUÍ:enquisa pechada o 31/12/2013parte coa intención de achegarnos a como se produce e se percibe, dunha forma básica, a comunicación da actividade da arqueoloxía profesional nas redes sociais. Por este motivo vai dirixida tanto a non arqueólogos como a profesionais do sector, como dous polos que deben converxer.

As preguntas son sinxelas e quizáis se poida profundizar en algún aspecto máis. Por este motivo se algunha persoa considera a necesidade de outras cuestións que se deberían tratar e as opcións de resposta, valorarase engadilas dentro do tema proposto.


Graciñas por participardes.

 

Publicado por: Andrés Teira Brión

Leer más 0 comentarios

Cociñando na Idade do Ferro (II parte)

Como xa avanzamos nunha entrada anterior deste blog, nesta ocasión falaremos dos produtos do mar, ou o que é o mesmo, da pesca e do marisqueo. 

Estas actividades tiñan un importante peso na dieta das poboacións costeiras xa dende tempos moi anteriores a Idade do Ferro, e aproveitando a nosa experimentación de finais do curso pasado, repasaremos algunhas das especies que consumían os habitantes dos castros e comprobaremos a aptitude do Forno Castromao como fogón de cociña.


Mariscadores…

A maior parte da información que temos sobre os hábitos de consumo das comunidades da Idade do Ferro chegou ata nós grazas a existencia dos concheiros, auténticos vertedoiros de lixo destas comunidades, situados normalmente no exterior dos poboados ou en áreas non ocupadas dos mesmos; aínda que en ocasións podemos atopalos no interior de estruturas, como no Achadizo, o que fai pensar que a estrutura en cuestión podería terse empregado como cortello (CONCHEIRO, 2008).

Leer más 0 comentarios

"Froito estraño": ficción de arqueoloxía e jazz

 

Os enfermeiros corrían polo Metropolitan Hospital da cidade de New York. Acaban de recibir unha muller negra en estado grave. Había dúas horas unha chamada alertara de que Ms. Holiday se consumía dunha cirrose hepática. Holiday? Billie Holiday está aquí? En que habitación? Un bulicio recorría cada andar. A xente espreitaba na súa procura, mais poucos a darían recoñecido. Era o proído de poñerlle rostro a unha figura imaxinada a través da súa voz. 

 

Vinte anos antes (1939) unha canción pechaba a sesión do Café Society. Un lamento que rasgou o jazz dende o máis profundo abismo. Un son enfermizo, triste, puro, roto. A dor que sentía daquela era ben distinta. Partía da alma. Do desacougo. Un berro seco antirracista anegando a conciencia da sociedade norteamericana. Cos últimos acordes do piano caía a penumbra e desaparecía do esceario. Morría a diva, a falsa, e renacía a muller.

Leer más 0 comentarios

Cociñando na Idade do Ferro (I parte)

Os días 31 de maio e 1 de xuño tiveron lugar as prácticas das materias de tecnoloxías na área experimental do Monte da Condesa. Nesta ocasión aproveitamos para intentar recrear algunhas receitas realizadas con produtos, técnicas e artefactos presentes (ou alomenos presumibles) durante a Idade do Ferro no NW. 


Un cocido ao estilo castrexo

Na primeira xornada elaboramos un cocido de lacón con estrugas, repolo e castañas; todo isto acompañado da ración de touciño e unto precisas para darlle corpo ao caldo. 

Decidimos elaborar esta receita seguindo a estela dos resultados das análises de residuos en cerámicas dalgúns xacementos castrexos e romanos de Galicia, que revelaron a existencia de comidas elaboradas con estrugas e graxa animais. 

Leer más 0 comentarios

Experimentando cun Forno Castromao

A campaña de escavacións de Castromao de 1967, ademais de ser prolífica en achados, contou coa publicación dunha memoria moi coidada. Nela, Mariano García Rollán (1971) describía uns anacos de grellas perforadas atopados no oco entre dúas casas que intepretaba como fornos para cerámica. Aínda que primeiramente reuniu todas nunha mesma estrutura, logo veríanse como dous corpos independentes dun só forno: a grella e a cheminea. 

Leer más 0 comentarios

Arqueoloxía á marxe da arqueoloxía

O luns 20 de febreiro deste ano 2012 publicouse, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, o anuncio da contratación dunha serie de actividades enmarcadas dentro do proxectoDepoDEZA. Os obxectivos de DepoDEZA pretenden a creación dun destino turístico baseado en factores endóxenos: recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos, xunto con novas tecnoloxías, para contribuír ao crecemento do emprego e diversificación da actividade económica. Busca captar 252.000 visitantes anuais para os seis concellos da comarca do Deza: Lalín, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. A dotación económica é de 226.569,00 € -IVE incluído- financiados nun 70% con fondos FEDER, e o proceso de contratación atópase, dende o mes de marzo, en proceso de adxudicación.

 

Das tres actividades licitadas, unha é o estudo detallado dos 105 castros existentes na comarca. Inclúe a relación de parcelas afectadas, o número de propietarios, unha planimetría básica, a descrición detallada do seu estado e unha reportaxe fotográfica de cada un deles. Outra, a realización campañas e talleres de sensibilización cultural. Ambas están pensadas para un centro de xestión do coñecemento arqueolóxico que pretende ser un “laboratorio de referencia da nosa comunidade no análise dos restos da cultura castrexa” (páx.8), baixo a forma dun museo virtual. Sorprendentemente a convocatoria non esixe a presenza de arqueólogos. Non aparecen entre os requisitos mínimos do equipo de traballo no prego de prescricións técnicas.

Leer más 2 comentarios

Charla encol das landras e a alimentación na Idade do Ferro

 

Nun terzo do ano os montañeses aliméntanse de landras que curadas e machucadas móen para facer pan, o cal pode gardarse durante moito tempo.” 

Estrabón III, 3, 7. (A partir da tradución de A. García y Bellido. 1945 [reedición de 1968]. Ed. Gredos)

 

O venres pasado, 25 de maio, tivo lugar unha dobre charla sobre o pan de landras e a alimentación na Idade do Ferro dentro das asignaturas de Tecnoloxías Prehistóricas e Protohistóricas do Grao de Historia da USC. Foi impartida por Fernán López e Estevo Amado.

O pan de landras do que fala Estrabón é un dos referentes da alimentación castrexa na bibliografía, mais polo corrente cunha investigación desleixada á beira da cantidade de texto que se escribiu del. Foron poucas as iniciativas que sobrepasaron a cita das fontes clásicas.

Ata recentemente só dispoñíamos da angueira de António Pereira Dinis, Felisbela Oliveira e Francisco Queiroga: O pão de bolota, publicada en dúas veces, 1991 e 2007, e onde empregan distintas mesturas de fariña de landras e trigo para obter un pan que levedase nun forno de pedra coma os existentes en castros da área bracarense. As experimentacións serviron de alento a varias unidades didácticas que se imparten a escolas dos arredores de Vila Nova de Famalicão, coordinadas polo Gabinete de Arqueoloxia da Câmara Municipal da localidade.

Leer más 2 comentarios