Presentación do libro: To the West of the Spanish Cantabria. The Palaeolithic settlement of Galicia.

O pasado 29 de decembro tivo lugar no Concello de Triacastela a presentación do libro To the West of the Spanish Cantabria. The Palaeolithic settlement of Galicia, editado por Arturo de Lombera Hermida e Ramón Fábregas Valcarce (USC). O libro é froito das contribucións realizadas polos investigadores que participaron no curso de Verán “A vida na montaña luguesa na Idade do Xeo”, que tivo lugar o ano pasado grazas ó apoio do Concello de Triacastela. A obra está publicada na Serie de British Archaeological Reports (BAR). 

 

A obra versa sobre ás aportacións dos xacementos das serras Orientais e Depresións terciarias do interior lucense de cara o estudo do Paleolítico e Cuarternario de Galicia. A súa importancia radica en que neste territorio podemos aproximarnos á evolución do glaciarismo e da fauna que habitou no NW peninsular e comprender a súa relación co poboamento máis antigo da rexión. 

 

Pode adquirirse a través de internet na páxina http://www.archaeopress.com. (To the West of the Spanish Cantabria. The Palaeolithic settlement of Galicia, S2283)