Onte concluíu o XVII Congreso Mundial da UISPP (Union Internationale des Sciences  Préhistoriques et Protohistoriques), que foi celebrado nacidade de Burgos esta primeira semana de setembro.

 

Neste congreso varios membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste (GEPN) da Universidade de Santiago de Compostela participaron activamente na organización de sesións e na presentación de comunicacións orais.

 

As sesións organizadas dende o grupo tiveron como obxectivo amosar as novas aproximacións no estudo da arte rupestre (A11e, Public images, private readings: multi-perspective approaches to the post-Palaeolithic rock art), así como nas industrias líticas en cuarzo (B05, New approaches to the study of Quartz lithic industries), reunindo a un importante número de especialistas de ámbito mundial.

 

Presentáronse 7 comunicacións orais e colaborouse noutras 7, versando sobre diversos temas relacionados coa arte rupestre, o megalitismo do NW, as industrias en cuarzo, o xacemento de Cova Eirós, a arqueoloxía experimental e os xacementos Pleistocenos da Serra de Atapuerca.

 

 

Para unha primeira aproximación, no seguinte enlace poderedes acceder ao libro de Abstracts do XVII Congreso de UISPP:

 

http://www.burgos2014uispp.com/modules.php?name=webstructure&lang=ES&idwebstructure=108

 

Finalmente, o GEPN colaborou na redacción de varios capítulos sobre os xacementos paleolíticos de Galicia na publicación previa do congreso “Los cazadores recolectores del Pleistoceno y del Holoceno en Iberia y el Estrecho de Gibraltar: estado actual del conocimiento del registro arqueológico” (Carbonell, E., Bermúdez de Castro y Arsuaga, J.L. eds.). Para máis información: 

 

http://www.burgos2014uispp.com/modules.php?name=webstructure&lang=ES&idwebstructure=104