Proxecto Estrímnides

Reunión de traballo

O GEPN, a Universidade de Sevilla e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) presentan a semana que ven o proxecto Estrímnides, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad. Ten por obxecto estudar a presencia fenicia no noroeste peninsular (Galicia e norte de Portugal) durante o primerio milenio a.C. O proxecto centrase en investigar as relación comerciais que as comunidades do noroeste mantiveron con pobos do sur da Península Ibérica e o Mediterráneo en Xeral.

 

A semana do 13 ao 17 de xuño, os investigadores sevillanos realizaran a súa primeira estancia de traballo en Galicia para facer una serie de actividades para avanzar no estudo dos materiais arqueoloxicos de procedencia mediterránea recuperados en castros galegos. Estas actividades incluirán a visita a arqueoteca da Universidade de Santiago de Compostela e o Museo do Mar, o Museo de Pontevedra e o Museo de San Antón en Coruña. A semana culminara nunha reunión de traballo o día 16 que se celebrara no Museo do Mar para presentar os obxectivos do proxecto a  comunidade arqueolóxica galega. Nesta reunión intervirán Josefa Rey Castiñeira, Javier Rodríguez Corral da Universidade de Santiago de Compostela, Emilio Abad do CESGA (Centro de supercomputación de Galicia) e Eduardo Ferrer Albelda, Francisco José García Fernández e Antonio Sáez Romero (Universidad de Sevilla) e o arqueólogo Juan Naveiro Lopéz.