III Xornadas sobre o Paleolítico do Noroeste

Os neandertais e o seu mundo.


 As III Xornadas sobre o Paleolítico do Noroeste pretenden afondar no estudo das últimas comunidades de neandertais que poboaron Europa Occidental. Estas Xornadas son unha continuación dos cursos realizados en 2010 e 2017 en Triacastela, vencelladas ao desenvolvemento das investigación arqueolóxicas en Cova Eirós. 

  

Nesta ocasión, a temática das conferencias xirará arredor de varias cuestións relevantes que agrupamos en:

 

- O Paleolítico medio na Península Ibérica, onde se abordarán cuestións xerais (paleoambente, paleoantropoloxía, arqueoloxía, etc.) a través da presentación de xacementos ou investigacións actualmente en desenvolvemento.

 

- Modo de vida: estratexias de subsistencia, xestión dos recursos, sobre aspectos etnoarqueolóxicos, tecnolóxicos, zooarqueolóxicos, etc.

 

- Mundo simbólico e artístico: sobre as primeiras manifestacións simbólicas no rexistro humano, os rituais funerarios e outros aspectos que reflicten a complexidade conceptual dos Neandertais.

 

- Os derradeiros Neandertais, abordando a transición entre o Paleolítico medio e o superior nos diferentes territorios peninsulares, os métodos de estudo, os xacementos e problemáticas relacionadas coa desaparición dos neandertais e a expansión das primeiras comunidades de Homo sapiens na Península. 

 

Os seminarios estarán a cargo de especialistas da Península Ibérica, encargados de liderar proxectos de investigación vencellados ao estudo dos modos de vida dos Neandertais (Paleolítico medio).

 

Esta visión multidisciplinar fai o seminario de grande interese para os estudantes dos Graos de Historia, Humanidades, Bioloxía e Xeografía, así como para outro alumnado do SUG. Así mesmo, os docentes do Ensino Secundario atoparán neste seminario novos materiais para afondar nunha etapa, o Paleolítico, á que se lle adican poucas horas na planificación docente.

 

Finalmente, o seminario busca tamén a divulgación científica, é dicir, achegar a todas as persoas interesadas no tema as últimas novidades sobre o mundo Neanderthal, ó fío das recentes descubertas e mantendo sempre un tono didáctico e próximo.

 

Datas: 28 a 31  de xullo.

Lugar de celebraciónEstación científica do Courel-USC (Folgoso do Courel, Lugo).

  

Importe e matrícula*  

-         Modalidade xeral: 120€

-         Modalidade reducida: 70**

 

A inscrición deberá facerse a través do link www.usc.es/cultura/veran (Unha vez na páxina, facer click no enlace de "Folgoso do Courel" para acceder á matrícula do curso).

Correo electrónico de contacto: cursosdeveran@usc.es

UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.

 

Prazo de inscrición: ata o 15/07/2022 NON SERÁ POSIBLE REALIZAR A INSCRICIÓN FÓRA DESTES PRAZOS.

  

Horas lectivas: 30 horas (2 créditos ECTS)***

 

Límite de prazas: 50.

 

Entidades Promotoras: Universidade de Santiago de Compostela, Institut Catalá de Paleoecologia Humana i Evolució Social (IPHES-CERCA) 

 

Colaboradores: Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, GDR Ribeira Sacra-Courel, Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

Dirección Arturo de Lombera Hermida, Xosé Pedro Rodríguez ÁlvarezRamón Fábregas Valcarce.

Secretaría: Hugo Bal García.

 

 

A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2021-22 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2021/22 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 17,50 €.

 

**Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

 

*** Para a certificación farase un control de asistencia nos diferentes días.

 

 


Programa

xoves, 28 de xuLLo de 2022

09:00 Inscripción na Estación Científica do Courel-USC, Seoane do Courel, Lugo.

09:30 Ramón Vila - Presentación do curso. Ciencia e Xeoparques.

10:00 Marina Lozano - Neandertais na Península Ibérica: unha perspectiva paleoantropolóxica.

10:45 Iván Rey Rodríguez - Paleoecoloxía dos últimos neandertais e os primeiros Homo sapiens. Cova Eirós no mapa.

11:30 Pausa para o café.

12:00 Ethel Allué - A produción e uso do lume entre neandertais.

12:45 Amelia Bargalló - Reconstrución do campamento neandertal do Abric Romaní.

13:30 Joan Daura e Montserrat Sanz - Paleolítico medio e superior no litoral central catalán: ocupacións humanas e paleoambientes.

14:15 Comida.

16:00 Telmo Pereira - 142 anos depois: o que temos e sabemos sobre os neandertais en Portugal.

16:45 João Cascalheira - Neandertais tardíos no sudoeste da Península Ibérica.

17:30 Pausa para o café.

17:45 Gema Chacón - E que está pasando en África mentras que os neandertais viven en Eurasia?

18:30 Felipe Cuartero - A innovación e resiliencia na tecnoloxía dos neandertais. Demostracións de talla lítica experimental como ferramenta didáctica para a compensión do comportamento dos neandertais.

19:30 Mesa redonda e preguntas.


SÁBADO, 30 de xuLLo de 2022

10:00 Ignacio Martín Lerma - Neandertais en prime time! A importancia da divulgación científica en Prehistoria.

11:00 João Zilhão - Problemática xeral da transición entre o Paleolítico medio e superior na Península Ibérica.

13:30 Comida de campo.

15:00 Hugo Bal García e Tania Mosquera Castro - Visita: Cova Eirós.

 

VENRES, 29 de xuLLo de 2022

10:00 Clive Finlayson e Geraldine Finlayson - Ecoloxía dos neandertais.

10:45 Alejandro Prieto - A adquisición e xestión das materias primas en Europa occidental hai 50.000 anos. Reflexións dende unha sociedade globalizada.

11:30 Pausa para o café.

12:00 Marcos García Díez - "Arte": O simbolismo gráfico nas poboacións neandertais.

12:45 Nohemi Sala - Orixe e evolución do comportamento funerario no Paleolítico.

13:30 Comida.

15:30 Ana Belén Marín Arroyo - A historia dos últimos neandertais na Rexión Cantábrica.

16:15 Manuel Alcaraz Castaño - Os últimos neandertais do interior da Península Ibérica e a chegada dos primeiros humanos modernos.

17:00 Pausa para o café.

17:15 Javier Baena, Concepción Torres e Elena Carrión - O poboamento neandertal en Picos de Europa (Cantabria). Un modelo de ocupación no Val do Deva.

18:00 Arturo de Lombera-Hermida, Xose Pedro Rodríguez Álvarez, Hugo Bal García, Tania Mosquera Castro, Mikel Díaz Rodríguez, Xes Aldea Moreira, Ramón Fábregas Valcarce - Cova Eirós: os derradeiros neandertais do Noroeste peninsular.

18:45 Mesa redonda e preguntas

 

 

 

 


DOMINGO, 31 de xuLLo de 2022

09:00 Augusto Pérez Alberti - Visita: As formas e depósitos glaciais e periglaciais nas Montañas do Courel. Implicacións paleoclimáticas. Ruta Devesa da Rogueira - Formigueiros - Lagoa de Lucenza - A Seara.

14:00 Comida de campo.

15:00 Visita ao Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana en Ribas de Sil e adegas D.O. Ribeira Sacra para cata e degustación dos "sabores das rochas do Xeoparque".


Información de interese


Organizadores e colaboradores: