Propostas de investigación e intervención desde Muras
Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela
Datas: 4 e 5 de xuño de 2016
Lugar de celebración:
Local Social do Concello de Muras-Concello de Muras (Lugo)
Prezo xeral: 70€
Prezo reducido: 40€
Horas lectivas: 15 horas. Convalidado como 10 horas lectivas para o curso de doutoramento da USC.
Límite de alumnos: n/a
Co-finaciamento: Concello de Muras
Organización: Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico
Dirección: María Martín Seijo e Josefa Rey Castiñeira
MATRÍCULA ABERTA¡¡ A matrícula deberá facerse na web dos Cursos de Verán da USC.
Recoñecido como horas de formación de doutoramento pola USC.
Solicitada a homologación como curso de formación para profesorado non universitario.
Novas aportacións interdisciplinares ao estudo da Idade do Ferro
09:00-09:30 Recepción de participantes e entrega de documentación
09:30-10:00 Apertura das Xornadas. Alcalde do Concello de Muras-Directoras do curso
10:00-11:00 Carbono 14 e cronoloxías para a Idade do Ferro no Noroeste de Iberia. Jesús Jordá Pardo, Israel Picón Platas e Emilio Abad Vidal
11:00-12:00. A Idade do Ferro no Noroeste de Iberia: breve síntese e últimas aportacións. Javier Rodríguez Corral.
12:00-12:30 Pausa
12:30-13:00 Prospección remota no Concello de Muras e modelo LiDar do Castro do Castelo. Emilio Abad Vidal, Xulio Carballo Arceo, Mikel Díaz Rodríguez
13:00-14:00 A vida cotiá a partir do estudo da cerámica dos castros galegos. Josefa Rey Castiñeira, Alba Antía Rodríguez Novoa
14:30-16:00 Comida
16:00-17:00 Banquetes: os contextos de celebración e as vaixelas. Xosé-Lois Armada Pita, Cristina Seoane Novo
17:00-18:00 Produción, conservación, almacenaxe e consumo de alimentos de orixe vexetal. Últimas aportacións desde a arqueobotánica. João P. Tereso
18:00-18:30 O consumo de alimentos durante a Idade do Ferro: arqueoloxía experimental e análises de contidos Estevo Amado Rodríguez
18:30-19:30 Actividade experimental: Pan e cervexa na Idade do Ferro
Castros e comunidades rurais
09:00-10:00 O Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo). Felipe Arias Vilas
10:00-11:00 Castrolandín, o castro e a implicación da comunidade. Carlos Otero Vilariño
11:00-12:00 Centro Arqueolóxico do Barbanza e zona arqueolóxica dos castros de Neixón: investigación, protección e divulgación. Víctor Barbeito e Ramón Fábregas Valcarce
12:00-12:30 Pausa
12:30-13:00 A IDEPatri: unha ferramenta para actuar globalmente desde o ámbito local. Emilio Abad Vidal
13:00-14:00 Visita ao Castelo e o seu entorno guiada por Andrés Teira Brión e María Martín-Seijo.
14:30-16:00 Comida
16:00-17:00 Salcedo no tempo e a intervención no Castro de As Croas. Luís Bará e Rafa Quintía
17:00-18:00 Redescubrindo o Castro de Saceda (Cualedro, Ourense). Revisión e actuacións recentes. Martiño Xosé Vázquez
18:00-19:00 A posta en valor do Castro de Toiriz. Luís Xúlio Carballo Arceo, Lucía Ares Fondevila, José Luís Valiño Vila
19:00-19:30 Mesa redonda e clausura
Para os que esteades a buscar aloxamento próximo ao lugar de celebración do Curso. Xa que as comunidades rurais forman unha parte importante do curso, o seu podería ser disfrutar dun aloxamento acorde. Desafortunadamente non coñecemos de habitacións dispoñibles dentro de Muras, pero si noutros concellos veciños.
De preferirdes unha maior oferta de aloxamento onde escoller, deberedes desprazarvos cando menos ata Vilalba (27 min), As Pontes (23 min) ou Viveiro (35 min)
Algúns establecementos de aloxamento son: